Aínda que cando buscamos a información da ruta, ésta non prometía, pois parecía que estaba abandonada, decidímonos a intentar facela, aínda que fose armados con fouciños, pancas, machetas e toda clase de ferramentas.
Os pronósticos metereolóxicos tampouco parecían moi bos, pois cando nos xuntamos na igrexa de San Xoán de Cerdedo, chovía.
Sen embargo, a ruta resultou estar totalmente despexada e transitable, e as nubes foron desaparecendo pouco a pouco para dar paso a unha xornada na que facía un tempo estupendo para camiñar, sen demasiada calor.
Como podedes ver polas fotografías, é unha ruta moi bonita. Comeza por unha calzada medieval, e despois ten un ascenso por unha carballeira cuns carballos que teñen polo menos uns 100 anos. Pasamos tamén por varias igrexas, pequenas aldeas con unha chea de hórreos (chegamos a contar 5 ao lado dunha casa), e por outra aldea que tiña varios gravados de canteiro nas paredes dunha casa. Polo que nos contaron os moradores do lugar, varios persoeiros se achegaron até alí para ver de qué se trataba, sen éxito.
As bonitas fontes que atopamos no camiño surtíronnos de auga fresquiña, e o río acompañounos durante varias partes do sendeiro.
Durante o descenso, realizamos con grande éxito, a iniciación de Loli, Paz e Miguel.
O mellor do sendeiro: o grande esforzo realizado polos cinco nenos/as que nos acompañaron, e o "noso" can. O can branco que aparece nas fotos, foi o espírito de Frei Martín Sarmiento, que nos guiou durante todo o sendeiro, indicándonos as bifurcacións, chamándonos a atención nos tramos máis difíciles, esperándonos cando fixo falta, e dando ladridos de ánimo en todo momento. Con tan bon guía, imposible perderse.
Aia
Aia
1 comentario:
me encanto esta ruta,el bosque de carballos al comienzo, los pueblitos de piedra tan chulos..
Publicar un comentario