Hoxe chegamos ata Portugal para facer unha ruta proposta polo noso compañeiro Carlos.
Quedamos na igrexa do pobo de Friestas, e aínda que o día non promete moito pois está bastante gris, decidimos comezar a ruta Carlos, Paz, Loly, Dani, Iago, Xoán, Malores, Jose, Fernando, Aia, Artai e Paco, iso si, provistos de paraugas.
A ruta comeza seguindo un pequeno tramo de 1 km . pola estrada ata coller a ecopista que vai de Monçao a Valença. Logo de continuar un tramo pola ecopista baixa ata preto do Río Miño e continúa por un sendeiro polo que podemos ver carteis que nos din o nome das árbores que hai por alí, onde, por certo, hai bastantes sobreiras. Ao pouco volve saír á ecopista e por ela chegamos ata o pobo de Lamela, onde visitamos a torre medieval que destaca dende ben lonxe. (Pódese ver xa dende o outro lado do río, ou sexa, desde Spain).
Como se achega a hora de xantar e pasamos por unha zona con mesas de pedra a carón do río decidimos aproveitar e poñémonos man aos bocatas.
Cando xa estabamos rematando coas golosinas que tanto nos gustan, comeza a chover e témonos que refuxiar para rematar as derradeiras viandas e prepararnos para camiñar baixo a choiva que nos acompañará xa durante todo o camiño.
O camiño continúa paralelo ao río Miño ata chegar ao final dunha Insua (que dá nome ao roteiro) e volve cara atrás para ir camiñando entre campos cultivados e volver saír á ecopista. Neste tramo, os nosos amigos Jose e Iago deciden ir por outro lado, e xa non os volveremos ver ata o final da ruta.
Mentres, a choiva non para e xa empezamos a estar algúns de nós empapados ata as orellas e algo máis, polo que decidimos acortar a ruta continuando pola ecopista, e dirixirnos aos coches.
Chegamos a maioría empapados de arriba a abaixo e os que tiveron a precaución de levar roupa de reposto cambiáronse e o resto, molladiños e correndo para a casa, iso si, moi contentos por pasar outro día inolvidable cos nosos amigos de andainas.
Ata a próxima.Paco
1 comentario:
Nunca choveu que non escampara!!!.. Gracias por las fotos .Bicos
Publicar un comentario