Sendeiro de Eifonso


A ruta vai ao longo do río Eifonso, atravesando unha pequena fraga con zonas de vexetación tupida. No seu percorrido poderemos distrutar dalgunhas cascadas e de varios muíños. Pasa pola ermida de San Cibrán, e remata no Parque Forestal da Parroquia de Beade. Ahí tomaremos un piscolabis, e prepararémonos para desandar o camiño andado, bastante fácil xa, pois é todo baixada.

Como o sendeiro é un total de 8 quilómetros, a idea é facelo na súa totalidade pola mañán, e dirixirnos ao rematar a ruta cara a Praia do Bao, para xantar e disfrutar dunha tarde de baños, praia, e xogos na area.

Para comezar a ruta, xuntarémonos ás 10:30 horas da mañá, no aparcamento da parte de atrás do Alcampo da Avenida de Madrid, onde está a gasolinera do Alcampo, e desde alí xa nos distribuímos nos coches, para ir ata Bembrive.

2 comentarios:

VALENTIN dijo...

Yo no puedo asistir. Pasarlo bien. Besos

Eva dijo...

¿¿quién va a ir a la ruta??