4º ANIVERSARIO: PENA TREVINCA


Como podedes observar, non resulta ser un sendeiro moito máis curto que desde a Lagoa dos Peixes, pero, seguro que poderemos con el.

Sairemos cara Vilanova o venres pola tarde, coa intención de pernoctar alí, e facer a ruta ao día seguinte, sábado. 

En Vilanova, hai unha casa de turismo rural que tamén é refuxio. Os prezos da pernocta son os seguintes:

Habitación dobre na casa de turismo rural: 42 €

Dormida en saco de durmir no refuxio: 8,50 € por persoa e noite. O refuxio ten unha capacidade de 20 persoas. Conta con dúas habitacións con dúas literas cada unha (capacidade para 8 persoas) e unha pranta con colchonetas no chan para o resto das persoas.
Acordamos cos donos que no caso de ser 12 ou máis personas nos deixaría o refuxio para uso exclusivo noso, coa correspondente ventaxa que isto implica. Dentro do refuxio hai unha mesa na que se pode comer, e pola parte de atrás ten un lugar para cociñar.

Dormida en apartamento para 6 persoas: 130 €

Para celebrar o 4º aniversario, farase unha cea o sábado pola noite, que custará entre 12 e 18 euros por persoa, dependendo do menú que se escolla. Despois da cea, teremos unha entretida velada. 

Por se queredes ver fotos, ou buscar máis información, podedes facelo visitando a páxina web da casa de turismo rural:  http://www.otrisquel.com

Pois ben, precisamos que os que vaiades ir, enviedes un comentario informando das vosas intencións a respeito da durmida, e, sobre todo, da cea, para poder reservar. Sería ben que o fixerades canto antes, que o traballo feito non corre presa, pero informamos de que o domingo 18 de setembro pola tarde, a iso das 20:00 h péchase a opción de reservar, porque será cando chamemos para concretar o número de persoas e a estancia.

5 comentarios:

Artai dijo...

Paco, Aia e Artai iremos á marcha. Estamos desexando facer cama corrida no refuxio con todos os demais, e tamén nos apuntamos a cear o sábado.

Anónimo dijo...

Je, je, cama corrida....

Carmen también se apunta, faltaba plus...Que si hay que subir una montaña para eso...pues se hace y punto

Miguel Muñiz dijo...

yo ya estuve en esa casa de turismo rural, es muy bonita y el refugio que tiene contiguo aunque no lo vi por dentro tenia muy buen pinta, yo no podre decidir con mucho tiempo porque sigo con los pies abiertos y despues de tres semanas así no se si para finales de mes estarn en forma,ojala me apetece mucho volver a trevinca..eso sí si voy llevaré un pararayos...abrazo para todos

malores dijo...

Nós, Jose e Malores ,por suposto que nos apuntamos á andaina e a posterior cea.O asunto da cama corrida é outra historia.. comprenderedes que aínda estamos de "luna de miel"... dormiremos na a.c. Bicos e ata pronto

Anónimo dijo...

También iremos Loly, Adrian, Paz y Carlos, 2 al refugio y 2 a la casa de turismo rural