Para chegar ata alí, debedes chegar desde Vigo ata Ponteareas, desde alí dirixirvos a Mondariz Balneario, logo Mondariz, e continuar a estrada recta, cara Barciademera.
A cinco quilómetros, máis ou menos, no pobo de Lougares, atopades o primeiro cruce sinalizado da estrada, que indica Barciademera 5, cara a esquerda. Colledes esa direción, e continuades novamente a estrada. Primeiramente pasaredes unha ponte moi pequena, que é posible que non vos decatedes que pasades por enriba do río, e máis tarde, máis ou menos a catro quilómetros do cruce, atoparedes a ponte verde. Xusto ao pasar a ponte verde, hai un lugar para parar os coches, e aparcar. Xuntarémonos alí.
Desde alí faremos unha pequena ruta pola zona.
O xantar será ás tres da tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario