Saída do mes de febreiro

Ruta dos Montes de San Cibrán




Comeza no Alto de Confurco, situado na parroquia de Cans. No seu inicio varias escaleiras e pasarelas de madeira axudan a salvar un gran desnivel namentres se arrodea o regato do Couso, que antano alimentaba os sete Muíños da Laxe.

A partir deste punto a ruta cobreguea entre viñedos, pradarías, milleirais, fontes e aldeas; un entretido e fermoso mosaico que mostra como é, e sobre todo como era, a vida rural en Galiza.

Unha vez no Alto de San Cibrán descéndese en paralelo ao río Caselas cara ao fondo do val, onde se sitúan a maior parte dos núcleos de casas e se atopan varias construcións de interese, como lavadoiros, muíños e Petos de Ánimas do Carballal.

O último tramo do percorrido discorre polos montes comunais de San Xurxo ata chegar ao final do noso percorrido na Área recreativa das Conforcadas. Neste punto existe a opción de enlazar co GR-58, Sendeiro das Greas, e regresar ao Alto de Cans.

Para facer a ruta, xuntarémonos ás 10:30 h no Alto de Confurco.

4 comentarios:

Artai dijo...

Pola nosa parte, como sempre, estamos desexando asistir. Estou desexando que coñezades ao novo membro da familia: Coco

É dicir, da nosa casa imos catro: Mamá, Papá, Coco e eu

PILAR dijo...

Contar conmigo. Yo también me apunto

Anónimo dijo...

Hola soy Paz, yo también voy con Valentín

Anónimo dijo...

Contade conmigo tamén. Un bikiño
Carmen