Data da saída: 31 de Marzo do 2012
Lonxitude:
Dificultade: Baixa
Tipo de Sendeiro: Circular
Inicio/Fin: Casa de Artai
Cómo chegar: Dende Vigo ata Ponteareas, desde alí dirixídevos a Mondariz Balneario, logo Mondariz, e continuade a estrada recta, cara Barciademera.
A cinco quilómetros, máis ou menos, no pobo de Lougares, atopades o primeiro cruce sinalizado da estrada, que indica Barciademera 5, cara a esquerda. Colledes esa direción, e continuades novamente a estrada. Primeiramente pasaredes unha ponte moi pequena, que é posible que non vos decatedes que pasades por enriba do río, e máis tarde, máis ou menos a catro quilómetros do cruce, atoparedes a ponte verde. Xusto ao pasar a ponte verde, a estrada comeza a subir e a 150 mts. aprox. atoparedes unha entrada á esquerda que pon Mera e Albergue Alentea, pois esa non a collades. Seguides subindo e despois de pasar unha curva á esquerda, atoparedes outro cartel que pon Mera, pois metédevos por esa desviación. O segundo portal á man esquerda é o de Artai.
Máis información
No hay comentarios:
Publicar un comentario