De feito, o realmente sorprendente e máxico é a súa aparición na natureza, onde a man do home non ten influencias. A partir do descubrimento deste número na natureza, o home utilizouno tamén nas súas obras.
Para iniciarvos na súa beleza, podedes ver o vídeo seguinte:
Mencionaremos aquí algunhas das súas curiosidades:
* Se nos ensinan varios rectángulos, o que máis bonito atopamos é aquel que ten as dimensións en proporción áurea. Así, os nosos carnets de identidade gardan esa proporción.
* As proporcións do teu corpo serán máis próximas ao número áureo canto máis "perfecta" sexa a túa constitución. Así a túa altura total entre a distancia do chan ao teu embigo dá Phi, e asimesmo coa distancia total do teu brazo entre a distancia da punta dos teus dedos ao teu codo, ou a lonxitude dun dedo entre a lonxitude das dúas primeiras falanxes.
* As espirais das caracolas medran en proporción áurea cada unha da anterior, igual que nos xirasois e os pétalos de rosa, porque é a única maneira de poder aumentar de tamaño, sen variar a súa forma.
* Se miras as prantas do teu xardín, verás que non hai prantas nas que as follas se atopen unha xusto na vertical da outra. En xeral, as follas nacen seguindo unha espiral arredor do tallo. Fixemos a nosa atención nunha folla da base do tallo e asignémoslle o número cero. Se contamos cantas follas hai no tallo ata atoparnos directamente sobre a folla "cero", no sentido das agullas do reloxio, entre o mesmo número contado no sentido contrario, é o número Phi, porque é a mellor maneira de distribuírse para aproveitar a luz solar.
* Moitas construccións arquitectónicas, como o Partenón Grego ou as Pirámides de Exipto, gardan esta proporción. Asimesmo moitas pinturas ou esculturas están feitas dacordo co número áureo.
* Obras musicais de Mozart, Beethoven ou Bartok, están estructuradas dacordo co número Phi.
Esperamos que disfrutaras con esta pequena historia. Nós pensamos que cando se realiza sendeirismo é moi importante ser respetuoso coa natureza, manter o equilibrio que esta ten, mimetizarse con el, e como alguén dixo: " a mellor maneira de pasar pola natureza é que non se note o noso paso". Este é o motivo polo que nos chamamos Phi.
3 comentarios:
Unha explicación moi boa, si señor, asi da gusto que lle expliquen a uno as cousas.
buena explicacion y bonito blog, enhorabuena a los creadores
Encontoume a presentación! enhoraboa e que as nosas andainas sigan sempre así
Publicar un comentario